Festiletras 2012

Festiletras 2012O 30 aniversario desta xa histórica celebración cultural na aldea do Couto, en Ponteceso.

Máis de 30 actos que xiran en torno á cultura, á literatura, ao teatro, ao cine e ao humor e a moitas outras facetas creativas. O Couto celebra este ano o trinta aniversario de conmemoración da Festa das Letras. Trinta anos nos que en cada edición se foi construíndo historia grazas á colaboración de moita xente movida polo bulir cultural que aquí comezaba a xurdir.

Festiletras 2012 comprenderá datas desde o 16 ata o 20 de maio. A programación comezará o día 16 cunha convivencia de centros educativos da comarca de Bergantiños. 500 rapaces de Educación Infantil e Primaria dos centros CRA Novo Mencer de Coristanco; CRA Os Remuíños de Cabana de Bergantiños, CPI As Revoltas; CRA Nosa Señora do Faro; CEIP de Laxe, CEIP Eduardo Pondal e CEIP As Forcadas recitarán na praza do Recheo de Ponteceso poemas pondalianos sobre as terras de orixe nas que se emprezan estes centros. Presentará o acto e lerá o pregón de inicio a escritora ceense María Canosa. O acto contará coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Ese mesmo día, terá lugar o roteiro As noites de prácido luar interpretado por rapaces veciños
de Ponteceso baixo a dirección de Lucho Penabade.

O 17 de maio faremos entrega dos premios Queixumes nun acto no que entregaremos tamén os galardóns Bos e Xenerosos que a Fundación Eduardo Pondal concede nesta edición. Este ano, os premiados son Xosé Pumar Gándara, Uxía Blanco e Antón López Rivas (Mago Antón).

A información ao completo na web do Concello de Ponteceso: Trinta anos de Festiletras.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*