II Encontro de Artistas Novos

II Encontro de Artistas NovosAberta a convocatoria para este certame a celebrar no Gaiás o vindeiro mes de setembro.

Convócanse un total de cen prazas, ás que poden optar estudantes en Belas Artes ou afíns e aqueles que demostren ter unha traxectoria ou proxecto artístico, nados entre 1977 e 1994

A Cidade da Cultura converterase, do 9 ao 14 de setembro, en escenario de intercambio onde reflexionar sobre aspectos esenciais da creación artística contemporánea e outros máis concretos e relacionados coa construción dunha obra e a súa proxección no mundo real. Ademais de favorecer a convivencia entre artistas galegos e procedentes doutros lugares, o Encontro promoverá o debate sobre a situación actual da arte contemporánea, proporcionará un espazo de encontro e intercambio de coñecementos de ideas entre artistas e outros axentes do sector, como críticos ou comisarios, e daralles aos participantes a posibilidade de coñecer as principais infraestruturas galegas dedicadas á arte contemporánea.

Este II Encontro de Artistas Novos incorpora unha nova figura: os “art followers”, observadores ou todos aqueles comisarios, críticos, editores etc. que apoian aos novos creadores e que queren estar ao corrente das novidades do artista emerxente e os seus proxectos artísticos. Figuras como David Barro, Javier Díaz Guardiola, Guillermo Espinosa, Laura López Marín, Tania Pardo, Sergio Rubira e Manuel Segade serán os críticos ou comisarios que, neste evento, actuarán como observadores.

A solicitude deberá efectuarse antes das 15:00 horas do venres 29 de xuño xunto coa documentación requirida: boletín de subscrición, fotocopia do DNI ou pasaporte, currículo vitae abreviado, dossier de presentación do traballo artístico e un resumo da presentación a realizar no foro ao enderezo electrónico encontro@cidadedacultura.org.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*