O vindeiro sábado 12 de maio, con actividades de sensibilización en diversos lugares.
Xornada lúdica e festiva que será protagonizada polas ONGD que forman parte da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), por cooperativas de produción ecolóxicas, cooperativas de consumo responsable, banca ética, etc. O obxectivo será amosarlle á cidadanía que existen alternativas de consumo reais en Galicia que non dependen de intermediarios/as, que son ecolóxicas, xustas e de tempada.
Este ano as actividades levaranse a cabo en cinco cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía) e contarán coas participación de seis ONGD integradas na Comisión de Comercio Xusto: A Cova da Terra, Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Panxea, Solidariedade Internacional e Taller de Solidariedade.
A CORUÑA: FEIRA DE CONSUMO ALTERNATIVO
Lugar: Praza de Pontevedra
Horario: 11:00 a 20:00 horas
Participantes: Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Solidariedade Internacional, Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, Fiare Banca Ética, Cooperativa de produtoras Millo e Landras, Cooperativa de produtoras Horta do Sacho, Cooperativa de produtoras Val del Barcia.
Actividades:
12:00 ‘Que é Consumo Responsable?’ Falaremos con Zocamiñoca e as produtoras de Millo e Landras, a Horta do Sacho e Val del Barcia.
13:00 ‘Como funciona a Banca Ética?’ a cargo de Fiare
16:30 ‘Por que Comercio Xusto?’ Falarán Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional e Labañou Solidaria.
LUGO. MERCADO POPULAR NA PRAZA MAIOR
Lugar: Praza do Concello
Horario: 12:00 a 20:00 horas
Participantes e actividades: Coordina A Cova da Terra. Na Feira haberá máis de 40 postos de venda de produtos do Comercio Xusto, produtos locais, artesanía e degustación, un mercado de troco e outro con información sobre banca ética e alternativa.
OURENSE
Lugar: Rúa do Paseo
Horario: 11:00 a 20:00 horas
Participantes: Solidariedade Internacional, Taller de Solidariedade
Actividades: 18:30 Conta contos
PONTEVEDRA
Lugar: Praza de Ourense
Horario: 11:00 a 20:00 horas
Participantes: Solidariedade Internacional
Actividades: 17:00 a 20:00: Obradoiros e xogos infantís
VILAGARCÍA DE AROUSA
Lugar: Praza de Galicia
Horario: 10:00 a 14:00 horas
Participantes:
Solidariedade Internacional
Máis recursos na web da Coordinadora Galega de ONG: GaliciaSolidaria.org