Actividades do GalegoLab para este Día das Letras

galegolabProxectos en marcha para celebrar a 50ª edición desta festividade.

Desde o GalegoLab chéganos nova do concurso organizado en colaboración coa rede social galega latri.ca: deica o día 17 (incluído), o perfil do GalegoLab en latri.ca publicará unha cita de autores e autoras homenaxeados nesta festividade. A primeira persoa en acertar a quen pertence cada cita levará como premio un libro de Rinoceronte Editora. Para participar só hai que rexistrarse en latri.ca.

Ademais está en marcha o proxecto “Lectura global en YouTube”, no que se pode participar enviando un vídeo no que leades un poema, un extracto dunha obra… dos homenaxeados e homenaxeadas nestas cincuenta edicións das Letras Galegas. Máis información aquí: http://galegolab.org/proxecto-aberto/lectura-global-en-youtube-polos-50-anos-das-letras-galegas-1/ e os vídeos xa recibidos nesta canle de YouTube http://www.youtube.com/user/galegolab.

Asemade, despois do éxito da pasada edición, volve “Agasallo sincronizado para o mundo”. Se vos apetece, a partir desta partitura http://pdfcast.org/pdf/ti-es-dos-meus, podedes facer a vosa propia versión. Todas as recibidas están colgadas aquí http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo e o obxectivo é que o día 17 felicitedes as Letras Galegas coa que máis vos guste, facendo así que a nosa lingua se escoite en todo o mundo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*