Mostra de fotoxornalismo que reflicte acontecementos científicos e eventos de actualidade como catástrofes ambientais.
“A ciencia é noticia” é unha colección de 50 fotonoticias. Tratan temas científicos desde a perspectiva do fotoxornalismo.
A mostra trata temas de impacto como a reconstrución dunha momia, o misterio do casquete xeado no norte de Marte, a cartografía cerebral dunha abella, as impresionantes erupciones do volcán Eyjafjallajökull, a investigación sobre as persoas indocumentadas na fronteira mexicana ou os xigantescos aneis dun acelerador de partículas subatómicas.
Porque a ciencia non está só nos laboratorios, senón que forma parte da nosa contorna cotiá, ten unha incidencia social e como tal está presente na axenda dos medios de comunicación.
Pode visitarse na Coruña, no Aquarium Finisterrae (Sala Isabel Castelo), deica o 24 xuño 2012