Estalmat-Galicia 2012

Programa de estímulo matemático para rapazas e rapaces de entre 12 e 13 anos. Aberta a convocatoria para o vindeiro curso.

A Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, en colaboración coa Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, presenta a  Convocatoria 2012 do Proxecto “ESTALMAT- Galicia” para a detección e estímulo do talento en Matemáticas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O Proxecto ESTALMAT-Galicia, integrado no Proxecto ESTALMAT-España, conta co aval científico da  Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e co apoio económico da Consellería de Educación, da Fundación Vodafone-España, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), das Deputacións da Coruña e Lugo e do Concello de Guitiriz.

Obxectivo: Fomentar a afección e a habilidade especial en Matemáticas en nenos e nenas de Galicia, nacidos en 1999 ou 2000.

A Proba de aptitude terá lugar o sábado 2 de xuño de 2012, ás 10 horas, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Consistirá na resolución dunha colección de problemas. A inscrición debe facerse antes do vindeiro 29 de maio.

Toda a información na web de Estalmat-Galicia

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*