Contamos no mundo

Este 25 de maio Ponte nas Ondas organiza a X Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.

Esta actividade organizada por Ponte nas Ondas é destinada, na parte matinal, ao alumnado de escolas galegas e portuguesas. O obxectivo é sensibilizar aos xoves na importancia do relato oral e axudar a mellorar a súa competencia lingüística.

Na xornada participarán narradores e narradoras profesionais como Avelino González, Celso Sanmartín, Clara Haddad ou Lisete Coelho persoas que se dedican profesionalmente a contar, a transmitir a palabra oral. Elas serán as encargadas de transmitir ao alumnado o gusto e as habilidades da narración oral. Os participantes poderán desenvolver as súas capacidades comunicativas nun ambiente lúdico e participativo no que aprenderán as formas de contar os contos e as historias.

Entre o alumnado asistente, está confirmada a asistencia de xoves de: Marrocos, China, Polonia, Brasil, China, Etiopía, Romanía, Cabo Verde, Mozambique, Arxentina, Uruguai, etc. Este alumnado realizará unha exposición oral dun conto ou unha historia do seu país de orixe. Tamén está prevista a dramatización e o acompañamento musical dalgún dos contos.

PROGRAMA MATINAL – 10.30 HS. A 13.30 HS.

– Introdución á narración oral. Como contamos ?

– Obradoiros prácticos en pequenos grupos

– Contamos no mundo. Relatos de todos os países de orixe do alumnado.

Programa de TARDE
A sesión aberta ao público é ás 19.00 hs. con Antonio Reigosa, Alexandre Parafita, Simone Gonçalves, Avelino García e Clara Haddad.

No acto intervirán tres especialistas no relato oral de Galicia, Portugal e Brasil: Antonio Reigosa, Alexandre Parafita e Simone F.Gonçalves. Ademais, contarán relatos e experiencias Avelino González e Clara Haddad, a brasileira que creou a primeira escola intinerante de narración oral.

A actividade conta coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e do Museo do Verbum.

Relacionada: Ponte nas Ondas 2012: Ponte a contar!

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Clara Haddad: “O papel fundamental dos contos é preservar a cultura e a história de um povo” | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*