Usando como base as que hai máis de trinta anos foran exitosas cancións do grupo musical Parchís, chega aos escenarios unha nova formación de cativos que reinterpretan as letras e a música daquela banda infantil.
O espectáculo de música e teatro conta a historia de cinco amigos que, logo de perdérense nun día de choiva, chegan a un faiado abandonado onde atopan un vello taboleiro de parchís que os transporta a un mundo máxico chego de música e diversión. Acompañando os cativos na historia aparecen no escenario o malvado profesor Cubilete, personaxe interpretado polo actor Serxio Pazos, e o seu axudante Cataplasma, interpretado por David Tenreiro.
Estarán en Ourense o sábado 2 de xuño, no Auditorio Municipal, e na Coruña o domingo 3 de xuño, no Pazo da Ópera.
Máis información: SomosParchís