Pinocho, un conto musical

Pinocho, un conto musicalO domingo 27 ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Finalista ao mellor espectáculo infantil nos Max 2011. Un espectáculo baseado no conto clásico de Carlo Collodi, que baixo a batuta do director, José Tomás Cháfer, fai as delicias de pequenos e grandes.

Pinocho, un conto musical nace da combinación da esencia do conto con todos os elementos dos grandes musicais. Así pois, os pequenos espectadores gozarán dun universo sonoro e visual preparado para facerlles soñar; recoñecerán a contorna de Pinocho nunha escenografía pensada para sorprendelos; participarán no espectáculo a través dos xogos que se intercalan na acción; divertiranse contemplando as coreografías bailadas polos seus personaxes favoritos e poderán escoitar grandes voces que interpretarán, en rigoroso directo, as cancións que se recollen no CD do espectáculo.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*