(S8) Mostra de Cinema Periférico

(S8) Mostra de Cinema Periférico Entre o 30 de maio e o 3 de xuño, na Coruña.

A edición deste ano da (S8) Mostra de Cinema Periférico acollerá a grandes cineastas e directores de festivais de países como Arxentina, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, México ou Portugal e daralles cita aos responsables das principais institucións culturais e museísticas do país para debater sobre o presente e o futuro da sétima arte.

A (S8) Mostra acollerá dentro do ciclo Ópera Prima a proxección dos primeiros traballos de Santiago Aguilar, Luis Guridi e Raúl Barbé, coñecidos como A Cuadrilla. Peter Kubelka, unha das figuras máis sobresalientes do cinema de vangarda, máximo expoñente do cinema-arte e as vangardas cinematográficas, asistirá a unha charla coloquio co público asistente ao seu ciclo de proxeccións. Ademais, realizarase un taller especializado sobre cinema en 16 mm, dirixido a artistas e a creadores audiovisuais e que impartirá do 4 ao 8 de xuño a directora Naomi Uman.

Actividades para cativos
Tamén, haberá un espazo para os máis pequenos onde poderán achegarse aos primeiros mecanismos cinematográficos do cinema e as súas orixes. Talleres participativos que servirán para que os nenos e as nenas coñezan os autores que marcaron un antes e un despois na historia do cinema.

A inauguración será o 30 de maio no Palacio da Ópera cun Cinema-Concerto que contará coa presenza do compositor Michael Nyman, prestixioso e recoñecido músico, autor de bandas sonoras ilustres. A Michael Nyman Band estará acompañada da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*