Este venres 1 de xuño de 2012 érguese unha nova ponte. A partir das 10h00 da mañá estará on line a nova programación da XVIII PONTE…NAS ONDAS!- PONTE A CONTAR! a través da Web: www.pontenasondas.org
IMPORTANTE: Toda a programación estará disponíbel en formato de vídeo á carta desde a primeira hora do venres 1 ( 10.00 hs ) e será emitida tamén on line durante as 24 horas.
Estarán na Ponte:
* Candido Pazó, Lisete Coelho, Anxo Moure, Tim Bowley, Avelino González, Clara Haddad, Paula Carballeira, Hassane Kouyaté, José Craveiro, Celso Sanmartín, Thomas Bakk, Carlos Blanco…contadores e contadoras do mundo!
* As persoas que investigan: Alexandre Parafita ( UTAD), Camiño Noia (Universidade de Vigo ), Antonio Reigosa ( Museo de Lugo ), Simone Gonçalves ( Rio Grande do Sul ).
* Os contos contados polos seus portadores…
* A X Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa: Contamos no mundo
* As XII Jornadas Internacionais do Conto da Universidade do Minho
E o máis importante: Os traballos realizados polos centros educativos de Galiza, Portugal e América para esta edición.