Mostra Interactiva sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio FerreiroSegue a percorrer o país. Agora, na Casa da Cultura de Ourense. Deica o 8 de xuño.

Logo do seu paso polas bibliotecas nodais de Santiago de Compostela, de Lugo, de Pontevedra e da Coruña, a mostra permanecerá ata o 8 de xuño na Casa da Xuventude de Ourense.

Trátase dunha exposición interactiva sobre a vida e da obra do escritor Celso Emilio Ferreiro, do que se conmemoran en 2012 o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos da publicación do seu poemario Longa noite de pedra.

Baséase nun formato interactivo que inclúe imaxes, poemas musicados, audiovisuais, xogos interactivos e mesmo gravacións sonoras co recitado de Celso Emilio Ferreiro. Xunto coa instalación multimedia, as persoas que visiten a exposición tamén poderán achegarse ao poeta de Celanova a través dalgúns dos seus obxectos persoais, entre os que se inclúen unhas lentes, a súa máquina de escribir e unha cámara fotográfica. Tamén se inclúe un repertorio de cancións baseadas no poeta, así como audiovisuais e xogos participativos para coñecer máis do escritor e político.

Calendario
A seguinte parada da exposición será a biblioteca nodal de Vigo e despois do verán proseguirá o seu percorrido por diversos centros educativos: Acollerán a mostra o IES Francisco Daviña Rei (Monforte), o IES de Foz (Foz), o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), o IES Maruxa Mallo (Ordes), o IES Illa de Tambo (Marín), o IES Aquis Celenis (Caldas de Reis), o IES Xesús Taboada Chivite (Verín), o IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) e, finalmente, o IES de Celanova (Celanova).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*