Un conto viaxeiro percorre o rural de Compostela

Dende o pasado 11 de maio e ata este vindeiro 9 de xuño, un conto está a viaxar polas diferentes parroquias rurais de Compostela. A iniciativa que xurdiu do Departamento de Lingua Galega do Concello ten como obxectivo a elaboración dun conto ilustrado colectivo. Os nenos das diferentes zonas rurais do municipio participan na actividade.

En total son dez xornadas dinamizadas polo colectivo cultural Tinta de Lura e pola colección de libros Polo Correo do Vento. A iniciativa, que pretende achegar a literatura oral e escrita ás crianzas, percorreu xa os locais socioculturais de Busto, O Eixo, A Peregrina, Nemenzo, Villestro, Laraño, A Gracia e Figueiras. Conxo (8 de xuño) e Marrocos (9 de xuño), en ambos casos ás 18 horas, serán as últimas estacións desta divertida viaxe.

A experiencia conta cun blog que quere ser unha fonte de recursos educativos para pais e mestres.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*