O Año Pitaño

O Año Pitaño Un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei.

“A idea é dedicarlle aos máis cativos un traballo no que estiveran presentes os nosos poetas, para achegar aos pequenos a nosa literatura, a nosa lingua e, ao mesmo tempo, a miña música”, comenta o propio Anxo Rei.

As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos pícaros.

As ilustracións deste traballo foron elaboradas por alumnos de primaria, de escolas galegas, que participaron no Certame de Ilustracións Año Pitaño, convocado por PAI Edicións. Foron centos os debuxos que se recibiron.  Cada un dos debuxos gañadores ilustra un dos poemas que recolle este traballo. Un total de doce cancións, de seis poetas: Darío Xohán Cabana, Ana María Fernández, Yolanda Castaño, Marica Campo, Xosé M. Álvarez Blazquez e  Xosé Rodríguez Ferrer.

Máis información en PAI-Música: PAI-Música

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*