Vive o verán 2012

Vive o veránPrograma de actividades nos centros socioculturais de Santiago de Compostela.

A iniciativa inclúe 15 actividades, algunhas delas xa habituais durante o ano e que continúan nos meses de verán, e outras específicas e novidosas como as Mañás de verán e de xogo.

As Mañás de verán e xogo serán ata sete accións agrupadas en tres localizacións urbanas (centros socioculturais de Vite, Conxo e As Fontiñas) e catro rurais, agrupadas por locais socioculturais: Marrozos, Eixo e Bornais; Busto, Nemenzo e Marantes; A Gracia, Grixoa e Lamascal; e Figueiras, Laraño e Villestro. As actividades celebraranse do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Outras actividades de balde, son as do bloque denominado Movemento nos parques, Observando o ceo, Xogos tradicionais, Pedalea Compostela ou Imos ao baile. Outras requiren inscrición previa: Roteiros e obradoiro Facemos o videoclip. Tamén precisan inscrición e pagamento as saídas ao parque acuático de Cerceda e Imos de excursión. Tamén destaca unha nova incorporación ao paquete de Tardedarte no parque de Bonaval, o baile moderno. Proponse igualmente un exercicio de observación de xeobioloxía, cun convite práctico de percepción da terra con varas de zahorí. O programa inclúe a maiores nesta edición os bailes e as excursións.

Tamén se desenvolverán as “Mañás de pequenos artistas”, un programa de teatro e expresividade dirixido a nenas e nenos de Santiago de Compostela no que se traballará: Commedia dell’arte, clown, voz e canto, maquillaxe teatral, confección de máscaras e atrezzo…

Máis información na web do Concello

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*