Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Refuxiados de Malí en Níxer - ACNUR / H. Caux
Refuxiados de Malí en Níxer - ACNUR / H. Caux
Son en todo o mundo máis de 45 millóns de persoas desprazadas forzosamente dos seus fogares.

“Os refuxiados non teñen elección. Ti si”. Con esa mensaxe se lanza este 2012 a campaña de concienciación e presión cidadá este 20 de xuño no Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

“Debemos traballar xuntos para mobilizar a vontade e o liderado políticos para previr e poñerlle fin aos conflitos que desencadean correntes de refuxiados”, afirma Ban Ki Moon, secretario xeral das Nacións Unidas, “Malia as limitacións orzamentarias reinantes non debe dárselle as costas a quen precisa axuda: os refuxiados vanse porque non teñen outra opción, pero nós temos a opción de axudalos”.

Algúns datos ao respecto, no Informe “Tendencias Mundiais 2011”:
Hai no mundo 42,5 millóns de persoas desprazadas, das cales
5-7% son persoas con discapacidades, unha terceira parte deles nenos
15,2 millóns eran refuxiados, dos cales:
O 46% eran cativos menores de 18 anos
Un 48% eran mulleres e nenas
895.000 solicitantes de asilo
26,4 millóns de desprazados internos
12 millóns de apátridas
3,7 millóns de repatriados

Cada minuto, oito persoas déixano todo para fuxir da guerra, a persecución ou o terror.

Se un conflito ameazara a túa familia, ti que farías? Quedarte e arriscar a vida no conflito? Fuxir e arriscarte a ser secuestrados, violados, torturados ou algo peor? Moitos refuxiados teñen que elixir entre algo horrible ou algo aínda peor.

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) lanzou a aplicación ‘A miña vida como refuxiado’, para explicarlle á cidadanía a situación.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*