Quinta entrega das aventuras coas que coa axuda de Sogama aprendemos o que todos podemos facer polo medio ambiente.
Lucas recorda que o mar é aquilo tan azul que viron dende o ceo cando chegaron na nave ao planeta Terra. Que gañas tiñan de coñecelo máis de cerca! A familia Trebón, acompañada de Vito e Lilia, viaxa á praia e coñece o mar.
Anteriores:
- CAPíTULO 1: A familia Trebón chega ao Planeta Verde
- CAPÍTULO 2: Un colector ou unha nave espacial?
- CAPÍTULO 3: A familia Trebón coñece o río
- CAPÍTULO 4: Coa familia Trebón, aprendemos sobre a compostaxe
A familia Trebón
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que trae un grupo de entrañables personaxes de visita a Botóns durante os próximos meses. Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), coñeceremos as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.
A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e axudan a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor.
Anselmo Trebón é o pai extraterrestre, un individuo de bo corazón pero algo testán e zoupón. Ás veces máis traste que un cativo, e de feito son os cativos os que lle ensinan en moitas ocasións como facer as cousas ao xeito. Carola Trebón é a nai extraterrestre. Moi aguda e intelixente. É enxeñosa é sorprende cos seus inventos. Lucas Trebón, o fillo dos Trebón. Sorprendido con todo o que ve e descobre. Aprende axiña sobre a vida no Planeta Verde e pregunta moito sobre as cousas. Lilia e Vito son dous cativos que accidentalmente coñecen á familia Trebón na súa chegada á Terra, facéndose os moi amigos deles. Compañeiros de xogos de Lucas, gústalles tamén ensinarlle cousas á familia Trebón. Ah, e non esquezamos a dous compañeiros de xogos! O can Antenas, todo un can galáctico e o gato Evaristo, un felino moi comprometido e intelixente.
Lecer e didáctica
Os contos da familia Trebón son unha serie de relatos de ficción con vocación de entretemento pero tamén didáctica. As ecoaventuras protagonizadas por Lilia, Vito, Carola, Anselmo e Lucas, xunto con Antenas e Evaristo, foron creadas para divertir aos máis pequenos, pero tamén para subliñar a importancia de que a cidadanía se implique activamente na xestión do lixo e na responsabilidade medioambiental.
O grupo de personaxes deseñados conforma unha familia que se compromete coa redución, reciclaxe e reutilización e que se preocupa dos problemas medioambientais con pequenos xestos diarios. Cun chisco de humor, sensibilízase do problema que representan os residuos e a necesidade de sumar esforzos entre todos.
Poñemos tamén á vosa disposición actividades nas que os personaxes da Familia Trebón no Planeta Verde son os protagonistas.
[…] CAPÍTULO 5: O verán no mar da familia Trebón […]
[…] CAPÍTULO 5: O verán no mar da familia Trebón […]
[…] CAPÍTULO 5: O verán no mar da familia Trebón […]
[…] CAPÍTULO 5: O verán no mar da familia Trebón […]
[…] Os Trebón van de vacacións ao mar […]
[…] verán no mar da familia […]