Eureka: Ciencia e Creatividade

eureka - DomusUnha exposición na procura do espírito creativo que levamos dentro que conta cunha xeitosa web interactiva.

Todos somos creativos nalgún momento da nosa vida! É unha das ideas que quere subliñar esta exposición temporal da Domus, que nos fala da creatividade asociada ao mundo da ciencia e a calquera actividade humana.

O proxecto divulgativo Eureka! quere:
-Propoñer experiencias interactivas para descubrir como actúa o noso cerebro en situacións pouco usuais, resolver problemas de enxeño, ver como a natureza inspira á tecnoloxía ou deixar voar a imaxinación.

-Tratar os fundamentos psicolóxicos e neurolóxicos da creatividade, as fases do proceso creativo, a relación entre a creatividade e a ciencia, o desenvolvemento tecnolóxico e a capacidade de innovación.

Para isto, alén da exposición que pode visitarse na Domus da Coruña, contamos tamén cun sitio web que serve como complemento: Eurekaciencia.org. A web contén xogos, materiais audiovisuais e actividades en liña para afondar nos contidos da exposición. Hai recursos didácticos en galego, español e inglés.

O núcleo da web é unha escolma de Interactivos e xogos online, que percorren a historia da innovación humana, exercitan a memoria e a imaxinación ou axudan a recoñecer a orixe e a evolución de inventos tecnolóxicos.

Ademais, a web ofrece un espazo sobre a Exposición, con información práctica, detalles técnicos e un percorrido visual (vídeos e galería de fotos).

A terceira sección, Extras, é unha mediateca que agrupa recursos multimedia sobre a exposición e o seu tema: vídeos, guía didáctica, reportaxes, audios de conferencias, etc.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*