Pode unha crianza de nove anos facer operacións matemáticas de 17 díxitos de xeito mental?

A mente humana é un músculo que coma todos mellora co seu uso. Mais tamén é importante a técnica. Iso é no que se basean os defensores da aritmética mental. A Galicia acaba de chegar o programa ALOHA Mental Arithmetic, que emprega un instrumento milenario, o ábaco, para o ensino de cálculo mental a nenos e nenas de entre 5 e 13 anos. Os promotores deste método sinalan que é posible que as crianzas resolvan mentalmente operacións de ata 17 díxitos.

Durante o curso 2012-2013 ALOHA Mental Arithmetic vai estrear delegacións en Pontevedra e na Coruña e os principais destinatarios van ser centros escolares e academias da Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol, Pontevedra, As Pontes, Ordes, Carballo, Arteixo, Santa Comba, Sada e Negreira.

Os promotores do programa de cálculo mental aseguran que é “un sistema de aprendizaxe divertido e interactivo que se imparte como actividade extraescolar en colexios e academias e que, mediante o emprego do ábaco e o cálculo mental, estimula a inteligencia dos alumnos, contribuíndo a mellorar o seu rendemento escolar en todas as materias, especialmente en Matemáticas”.

Para saber máis

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*