Un sitio web propón elaborar coa participación da xente un mapa mundial interactivo da arte pública.
O web é ben recente, xa que se comezou a difundir xusto a finais de agosto logo dun pequeno período en probas.
Integrada con Google Maps e Google Street View, a plataforma convida a cidadanía a realizar cámara en man as súas achegas sobre esas pequenas obras de arte públicas que decoran algúns recunchos urbanos. Un par de graffitis en Santiago de Compostela son a primeira achega que atopamos remexendo na aplicación. Podedes realizar as vosas achegas a través de Big Art Mob.
Para ampliar, nova en El País: A polo mapa da arte pública mundial