‘Coidando o noso mar’

Exposición itinerante promovida polo CEIDA.

Pequena exposición de 5 paneis fornecida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, cos seguintes obxectivos:

-Sensibilizar sobre o importante valor natural e a fraxilidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta a incidencia das actividades humanas e os residuos que estas xeran.

-Descubrir as problemáticas que afectan ao litoral interrelacionándoas cos nosos patróns de consumo cotiá.

-Conseguir un conxunto de coñecementos e destrezas sobre o litoral galego e os seus recursos, para que o alumnado incremente o nivel de respecto e estima cara el.

Máis información na web do CEIDA: Coidando o noso mar

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*