Espazos Sonoros: posta en valor de patrimonio histórico

Igrexa de Santa María de CambreRibadeo e Cambre son as vindeiras paradas deste festival que propón suxestivos sons en localizacións cheas de historia.

A programación de concertos da nova edición de Espazos Sonoros ten dúas citas a vindeira fin de semana:

O sábado 15 de setembro, na Igrexa de Santa María do Campo, en Ribadeo, da man de Iván Abal e Marisol Mendive, haberá concerto para zanfona e órgano ás 20.45 h. Ademais, previamente, a iniciativa ‘Coñece o teu patrimonio’: roldas pola paisaxe organística galega, os órganos da Mariña. Hora e lugar de encontro: ás 10.45 h na Casa do Mar de Ribadeo.

O domingo 16 de setembro, na Igrexa de Santa María de Cambre, concerto de Seldom Sene ás 19.00 h. Previamente, a rolda ‘Coñece o teu patrimonio’ permitiranos coñecer mellor o lugar da man de Carlos Sastre Vázquez, doutor en Historia da Arte. Será ás 17h.

Máis información na web de Espazos Sonoros e na web da Asociacio?n Cultural O Sorriso de Daniel.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*