Roteiro por Compostela

Un paseo ilustrado por Compostela con David PintoPercorrido a pé por Compostela co ilustrador David Pintor para clausurar a súa exposición.

Este sábado 15 de setembro é o derradeiro día que estará aberta na Galería Sargadelos de Santiago a exposición de ilustracións de David Pintor para o caderno de viaxe “Compostela”.

O propio artista será o guía dun roteiro a pé por algúns dos espazos emblemáticos representados nesta obra, na zona monumental da cidade. “Un paseo ilustrado por Compostela con David Pintor”. A cita, ás 12h na Galería Sargadelos, onde o ilustrador comentará os aspectos máis salientables das 15 imaxes que compoñen a exposición para, posteriormente, iniciar un percorrido no que o público poderá comparar os referentes urbanos reais coas representacións gráficas.

Dende os edificios máis antigos aos máis modernos, prazas, rúas, xardíns e recunchos singulares de visita obrigada son retratados dun xeito especial, combinando a propia realidade con elementos imaxinarios e chamativos que David Pintor introduce, ofrecendo unha imaxe diferente de Compostela e convidando a coñecela ou a revisitala con outros ollos máis abertos e curiosos. Unha exposición que está dirixida non só aos turistas que acoden a Santiago, senón tamén aos propios habitantes. A mostra compleméntase cunha sección na que se expoñen outros libros da editorial Kalandraka, organizadora da exposición, ilustrados por David Pintor.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*