Ide marcando o domingo 30 de setembro na axenda. Atentos á convocatoria do Proxecto Ríos.
Este ano será xa a V Limpeza Simultánea en ríos de todo o país, que se celebrará o domingo 30 de setembro organizada polo Proxecto Ríos.
O obxectivo é concienciar á cidadanía para evitar nun futuro a necesidade de actividades coma esta, sería marabillosos que non foran necesarias. Pero tristemente isto non acontece, así que poñemos as botas e nos diriximos ao río máis próximo para facer deste día unha xornada de lecer, voluntariado, e conservación do medio ambiente aportando o noso pequeno gran de area, cada quen no seu río.
Volvemos a mollarnos polos ríos, poñemos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estén ben conservados.