Conectando mundos

Conectando mundosDécima edición desta proposta de Intermón Oxfam para reflexionar sobre o consumo responsable.

Consumimos o que necesitamos? De onde veñen os produtos que consumimos? Como se producen? Que efectos ten o meu modelo de consumo sobre os produtores ou países de orixe?

Velaí algunhas das preguntas que propón esta décima edición da iniciativa Conectando mundos.

O proxecto quere contribuír a axudar o alumnado a seren máis críticos e máis responsables nos hábitos de consumo. Para iso propoñen analizar o consumo de alimentos e cavilar sobre as consecuencias na inxustiza alimentaria: “A fame é aínda hoxe un problema sen resolver que non se debe á falta de alimentos, senón a un sistema alimentario terriblemente inxusto e a un sistema produtivo que esgota e destrúe os recursos naturais dos que dependemos”.

Conectando mundos xunta o traballo na aula co traballo colaborativo en liña. Arredor de 16 mil rapazas e rapaces de diferentes países e entre 6 e 17 anos teñen participado nesta actividade. A plataforma en liña dispón de versión en galego e permite interactuar e traballar cooperativamente en equipos dentro do mesmo abano de idade.

O título desta edición deste proxecto educativo de Intermón Oxfam: “Receitas para un mundo máis xusto”. A inscrición estará aberta deica o 11 de xaneiro.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*