Galiciencia 2012

tecnopole - GalicienciaAberto o período de recepción de proxectos ata o 23 de outubro.

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a ‘Galiciencia 2012’ ata o próximo 23 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.

O evento chega á súa sétima edición coincidindo co vixésimo aniversario de Tecnópole e terá lugar entre o 21 e o 23 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao dás Viñas.

O requisito fundamental é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa sexa proxectos experimentais e tecnolóxicos ou traballos documentais. Ademais, para implicar os participantes na celebración do seu vixésimo aniversario, Tecnópole incluirá na programación da Galiciencia tres concursos: un de fotografía, un de artigos científicos e outro de lemas sobre a sustentabilidade.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*