Semana Europea da Mobilidade

Deica o 22 de setembro celébrase esta iniciativa, que rematará co ‘Día sen Coche’.

“Participa nos plans de mobilidade da túa cidade e móvete na boa dirección!”. É lema nesta edición 2012 da Semana Europea da Mobilidade, na que participan perto de dous milleiros de cidades e vilas en toda Europa. Entre eles, un total de 14 concellos galegos asinaron a súa adhesión a esta Semana Europea da Mobilidade, son: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Fene, Burela, Sarria, O Grove, O Barco de Valdeorras, Camariñas, Barro, Cabana de Bergantiños e Paderne.

A quen non lle gustaría vivir nunha cidade onde o aire está limpo e hai pouco ruído. Un lugar libre de conxestión, onde moverse pola cidade é doado e onde os cidadáns gozan dunha elevada calidade de vida. Unha cidade da que estarmos orgullosos porque se involucra na protección do clima. É posible xuntar esforzos e poñer en marcha estratexias en prol dese escenario, e xustamente a iso quere contribuír a Semana Europea da Mobilidade

Os Plans de Mobilidade Urbana Sostibles poden definir un conxunto de medidas para aproximarse a esa realidade e a Comisión Europea quere acelerar ese compromiso a nivel da Unión Europea. Guieiros, manuais, intercambio de boas prácticas e actividades de educación cidadá son algunhas das iniciativas desenvolvidas. A Semana da Mobilidade quere axudar a subliñar ese camiño e arela.

Máis información sobre a Semana Europea da Mobilidade.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*