Co xogo como principal método de traballo. En Pontevedra.
Esta actividade terá lugar no comedor do CEIP A Xunqueira II. Non se precisa material específico de ningún tipo. Os/as alumnos/as só deben acudir con roupa cómoda e con ganas de xogar, cantar e bailar. As actividades comezarán a primeira semana de Outubro e rematarán a última semana de Maio. Focalizaranse nun día á semana, os martes entre as 16,30 e as 19,30. Cada grupo asistirá a unha sesión de 45 minutos cun intervalo de 15 minutos entre sesión e sesión para facer o cambio de alumnado, colocación de material, etc.
Máis información na web da Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra.