Os Bolechas saltan á tele

Desde o luns 24 de setembro, a TVG ofrecerá 8 capítulos da serie protagonizada polos personaxes de Pepe Carreiro.

O ‘Xabarín Club’ ofrecerá desde o vindeiro luns 24 un novo espazo adicado ao público infantil. Chegan Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa, Os Bolechas. Logo do seu éxito no eido da literatura infantil, os personaxes convértense en boneco para chimpar ás pantallas da TVG.

Para celebrar o paso dos libros á televisión, Os Bolechas organizaron unha gran festa no Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela na que non faltaron os seis irmáns xunto co seu cadelo Chispa, un dos máis aplaudidos polos pequenos, e por Ángela Blanco Lesta, “Xela”, que acompañará á familia na súa andaina televisiva.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*