A asma na infancia e na adolescencia

Un manual para pacientes, familiares, profesorado, cuidadores, monitores e para a sociedade en xeral.

Nos países desenvolvidos, a asma é a enfermidade crónica máis habitual na infancia e adolescencia.

Malia os avances no diagnóstico e tratamento, aínda un elevado porcentaxe de cativos que a padecen non teñen a enfermidade controlada de forma axeitada e sofren de crises e síntomas con moita frecuencia. As limitacións e repercusións para o paciente, a familia e para a sociedade en xeral que implica esta situación, son argumentos esgrimidos polos coordinadores desta obra, Ángel López-Silvarrey Varela e Javier Korta Murua.

O manual recentemente presentado, ‘A asma na infancia e a adolescencia’, foi elaborado co apoio da Fundación BBVA e a Fundación María José Jove. O libro trata de ser instrumento útil para o coñecemento da enfermidade e para contribuír á mellora do benestar dos pacientes. O volume é froito das reflexións de expertos procedentes de diversas áreas: alergoloxía, neumoloxía infantil, pediatría de atención primaria e mesmo médicos do deporte.

Pode descargarse de balde na rede: A asma na infancia e na adolescencia (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*