Aberta a inscrición na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Ata o 26 de setembro. Tamén pode facerse dende internet.

Para o curso 2012-2013 convócanse 182 novas prazas dos niveis de iniciación das distintas especialidades, que se sumarán ao alumnado procedente de cursos anteriores.

Ata o día 26 de setembro permanecerá aberto o prazo de pre-inscrición para os cursos de iniciación nas especialidades de Cerámica, Encadernación, Serigrafía, Construcción tradicional de Gaita e Zanfona, Luthería antiga, Debuxo, Pintura, Escultura e talla en madeira,Ourivería, Moda e Confección, Encaixe de Palillos e Artesanía en Coiro.

As persoas interesadas poderán consultar toda a información necesaria sobre as actividades e programas da EMAO na web da Escola e poderán inscribirse sen necesidade de achegarse fisicamente ás súas oficinas, pois poderán facer a súa pre-inscrición on-line.

O curso 2012-2013 comezará o 2 de outubro coa programación habitual.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*