Un camiño á dignidade: o poder da educación en dereitos humanos

Documental de recente estrea promovido polas Nacións Unidas.

Os cativos dalits recibiron formación de ONGs na India para axudarlles a superar algúns dos efectos máis degradantes da discriminación que sofren polo sistema de castas. Unha moza do leste de Turquía, repudiada pola súa propia familia, atopa comprensión e apoio dunha organización que lle permitiu librarse dun matrimonio violento imposto pola tradición comunitaria.

Exemplo de historias mencionadas canda a presentación do filme ‘A Path to Dignity – The Power of Human Rights Education (‘Un camiño á dignidade – O poder da educación en dereitos humanos). O documental trata de amosar como o ensino e a formación nesta materia favorecen transformacións drásticas en vítimas e potenciais perpetradores de violacións e atropelos. “A realización dos dereitos humanos require que todos os seres humanos estean conscientes dos seus dereitos e dos doutras persoas e dos medios para aseguraren a súa protección”, afirmou a alta comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Navanethem Pillay.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*