Grande, máis grande!

Espectáculo para nenos e nenas de 1 a 6 anos e público familiar. Domingo 30 na Coruña no centro Ágora.

Esta é unha historia de grandes e pequenos. Hai bolboretas que bolboretean. Hai tamén caracois grandes, medianos e pequenos. Hai vermes que vermean. Teño unhas ganas tolas de ver un animal grande, enorme, grandísimo.

Un espectáculo delicado que presenta unha estética escénica inspirada na arte da papiroflexia (origami). Da mesma maneira, o movemento escénico segue unha suave coreografía ao compás dunha música que lembra ambientes naturais e ritmos de animais. Os dous personaxes realizan unha procura de animais, do animal máis grande, traballando así o concepto básico dos tamaños e as formas. Conectan cos nenos e nenas a través do formato que presenta a sutileza do baile, a modulación das súas voces, a animación de obxectos e dun divertido xogo entre os dous personaxes de entradas e saídas conxuntas, de aparición e desaparición… de descubrimento e de sorpresa.

Horario:
12.30 horas.

Prezo:
5 €.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*