O Principiño

No Teatro Colón da Coruña o domingo 7 de outubro.

‘O Principiño’ é un clásico da Literatura universal que cativou millóns de lectores. O escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry escribiu o libro en 1943 e, dende a súa publicación, foi traducido a máis de 250 idiomas e dialectos, sendo a obra literaria francesa máis lida no século XX e a terceira máis difundida do mundo despois da Biblia e Das Kapital, de Karl Marx. En 1974 tivo lugar a estrea da súa adaptación cinematográfica, dirixida por Stanley Donen (Sete noivas para sete irmáns, Cantando baixo a chuvia, Un día en Nova York,…).

En palabras dos autores desta adaptación, Rafael Boeta Pardo e Gonzalo García Baz, a representación que chegará o domingo ás táboas do Colón “é un espectáculo para os nenos que saben o que buscan e para os adultos que aínda lembran que unha vez foron nenos”. Trátase dunha adaptación musical elaborada pola compañía de teatro musical infantil Telón Tolón.

Canda os personaxes principais estará un coro de nenos que canta, bailan e leva a cabo cambios escenográficos e interactúa cos protagonistas.

HORARIO: 17h

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*