Evento para a concienciación e sensibilización, organizado pola Confederación ASPACE.
É o segundo ano que se celebra este Día da Parálise Cerebral. O evento está organizado pola Confederación ASPACE, entidade sen ánimo de lucro que agrupa ás principais entidades de Atención á Parálise Cerebral a nivel estatal. Aspace agrupa a máis de 70 entidades con perto de 18 mil asociados en total, non só persoas con parálise cerebral, senón tamén familiares e amigos.
Aspace pretende darlle continuidade a este evento todos os anos, neste 2012, será o 6 de outubro a data escollida para difundir o labor e as necesidades a través dos medios. Ademais, organizáronse dúas xornadas de traballo que nesta ocasión terán lugar en Málaga.
Para coñecer máis sobre a cuestión, voluntariado e outros temas, podedes ampliar información na web da Confederación ASPACE
A Confederación mantén ademais o espazo AspaceNet onde se inclúen cuestións sobre as novas tecnoloxías aplicadas á discapacidade.