Os Axóuxeres

Os axóuxeresCancións e xogos para que os máis pequenos da casa gocen coa lingua galega.

Os Encontros dos Axóuxeres son pezas teatrais dunha hora de duración pensadas para cativos de 0 a 3 anos, participativas e con moita presenza da música e do xogo. Pola súa banda, os Encontros dixitais son sesións de cine dixital pensadas para nenos e nenas de 3 a 6 anos acompañados dos seus pais e nais. No que resta de 2012 haberá 20 Encontros teatrais e outros 20 Encontros dixitais que acollerán entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

Ademais, Os Axóuxeres adquiren desta volta nova dimensión televisiva para chegar a todos os fogares de Galicia, grazas ao novo espazo televisivo do mesmo nome, que se emitirá a partir do día 22 de outubro na segunda canle da Televisión de Galicia (TVG2). O horario será de luns a venres, ás 7.30, ás 13.00 e ás 17.00 h, no marco da súa programación infantil e do Xabarín Club.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*