V Congreso Manuel Luís Acuña

V Congreso Manuel Luís AcuñaNa Pobra de Trives, 26-27 de outubro. Organiza Nova Escola Galega.

En Trives naceu en 1900 o poeta e mestre Manuel Luís Acuña, e en torno á súa figura véñense celebrando diversas actividades desde o centenario do seu nacemento, divulgando a súa obra literaria e o seu labor como educador renovador, que sería represaliado polo franquismo en 1936.

É importante manter vivo entre o maxisterio da comarca o recordo de tan ilustre veciño que tanto contribuíu á cultura galega do primeiro terzo de século e á renovación educativa que tivo o seu momento culminante na II República.

Por iso se celebra este curso, centrado este ano especialmente na cultura galega do primeiro terzo do século XX, no franquismo e na represión sufrida, dende 1936, tanto por Manuel Luís Acuña como por outros mestres e intelectuais ourensáns e galegos.

Máis información na web de Nova Escola Galega: V Congreso Manuel Luís Acuña

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*