A revalorización da profesión docente

No Día Mundial dos Docentes, anúnciase o lema da Campaña Mundial pola Educación para 2013.

Este venres réndeselle homenaxe ás mulleres e homes que educan. A profesión docente, os profesores e profesoras, son suxeitos fundamentais do proceso de ensino. Son profesionais da educación que, co seu labor, abren novas oportunidades de futuro a moitos nenos e nenas, mocidade, e a persoas adultas.

Desde a Campaña Mundial pola Educación queren agradecerlles o seu labor, agardando ademais que a educación forme parte cada día da vida de máis persoas. A plataforma subliña as premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidade real. A primeira fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado e con boas condicións de traballo. A segunda refírese a qeu a profesión docente e o profesorado son suxeitos fundamentais dos procesos de ensino e é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións políticas que implican materia educativa.

Baixo o lema ‘A revalorización da profesión docente’, a Campaña Mundial pola Educación artellarase arredor de tres accións:
A necesidade de recoñecer a importancia dos mestres e mestras como profesionais da educación.
Superar a escaseza de persoal docente capacitado e definir estándares mínimos de formación para o exercicio da profesión.
Establecer condicións axeitadas no exercicio da profesión.

A plataforma considera que para conseguir os obxectivos da Educación para Todos en 2015, son necesarios 1,7 millóns máis de profesionais da docencia.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*