A cativa paquistaní foi agredida por fundamentalistas relixiosos por defender o seu dereito a ir á escola.
“Non poden pararme: Conseguirei a miña educación, sexa na casa, na escola ou en calquera outro lugar”, así de contundente o dicía Malala, con tan só 11 anos daquela, para a cámara dun reporteiro do New York Times.
Estímase que dos 796 millóns de persoas adultas sen alfabetizar, dous terzos destas son mulleres. Os problemas para acceder á educación son maiores para as nenas que para os nenos. Máis da metade dos menores que agora mesmo non acoden á escola, son nenas.
Este martes, Malala Yousafzai unha adolescente paquistaní que defendía o dereito a ir á escola foi tiroteada por un home a pé do bus que a levaba de volta á casa á saída do colexio. A rede vólcase agora en apoio e solidariedade coa rapaza como símbolo da loita pola igualdade e milleiros de desexos de recuperación de Malala flúen tamén a través de internet.
Sábado 3 de xaneiro de 2009, escribía Malala no seu diario: “Tiven medo de ir a escola porque os talibáns promulgaron o edito que lle prohíbe a todas as rapaz acudiren ás escolas (…) só 11 estudantes dunha clase de 27 acudiron (…) As miñas tres amigas mudaron a Peshawar, Lahore e Rawalpindi coas familias (…) No camiño á escola escoitei un home dicirme ‘Voute matar’ “
- Na BBC podedes consultar o blog que Malala Yousafzai escribía contando a súa experiencia
- Quen son os talibán? Información na Wikipedia
- Especial na BBC: Paquistán no caos
Nesta nova do New York Times podes ver un documental de Adam B. Ellick sobre a vida de Malala Yousafzai
Tamén vos pode interesar consultar os recursos que se viñeron publicando na sección de Igualdade de Botóns.
[…] ferindo ademais a Shazia e Kainat, outras dúas rapazas que viaxaban no transporte. Só pola súa teima en seguir indo á escola, en contra das esixencias dos fundamentalistas relixiosos da […]