Kalandraka recibe o Premio á Mellor Labor Editorial Cultural 2012.
O Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ten por obxecto distinguir o conxunto da labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacara pola súa achega sobresaínte e innovadora á vida cultural durante 2011, segundo o Ministerio de Cultura. Ten carácter honorífico e carece de dotación económica.
O Premio foi este ano 2012 para a editorial Kalandraka, á que aproveitamos para felicitar dende aquí.
O xurado estivo composto por Raúl Fernández, designado pola Asociación Colexial de Escritores de España (ACE); Mauricio Santos, pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE); Alberto Sánchez, pola Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL); Pedro Cerrillo, pola Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE); José Manuel Anta, pola Federación de Asociacións Nacionais de Distribuidores de Edicións (FANDE); Blanca Berasategui, pola Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE); Marián López, polo Instituto de Investigacións Feministas; Pere Vicens, polo ministro de Educación, Cultura e Deporte; e Oblit Baseiria en representación da editorial Libros del Zorro Rojo, galardoada en 2011. Actuaron como presidenta a directora xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro, Teresa Lizaranzu, e como vicepresidenta a subdirectora xeral de Promoción do Libro, da Lectura e das Letras Españolas, Mónica Fernández.
Convidámosvos a ver na bitácora de Kalandraka algunhas das últimas novidades da editorial.