Ponte nas Ondas anuncia os premios da peneira de tradición oral galego-portuguesa

Esta sexta edición estaba adicada aos contos populares.

O Xurado valorou a boa calidade da maioría dos traballos presentados a concurso, a idoineidade da metodoloxía empregada e a aplicación das requisitos establecidos nas bases e propón á entidade que convoca o certame xestionar a procura de recursos para editar e difundir os traballos premiados nesta edición e nas anteriores dada a súa calidade e interese como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.

A entrega de premios realizarase o próximo venres 19 de outubro (ACTUALIZACIÓN: a entrega será o venres 26 de outubro) nun acto público que e celebrará na Câmara Municipal de Caminha. Neste acto, ao que están convidados representacións dos centros educativos gañadores, haberá actuacións musicais e narradores orais. Ademais está prevista unha visita guiada pola localidade e un xantar de confraternidade entre alumnado e profesorado participante.

OS PREMIADOS

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

1º Premio: Jardín de Infância de Boavista–Aldreu, Agrupamento Vertical de Escolas de Fragoso

2º Premio: Escola Básica Integrada de Apúlia – Esposende

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

1º Premio: ao proxecto conxunto presentado polos centros IES A Sangriña, de A Guarda (Pontevedra), e EB2 3/S Caminha.

2º Premio: ao proxecto presentado polo IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense).
Accésit : Ao traballo do IES Terra de Turonio, de Gondomar (Pontevedra)

Categoría Ensino Profesional / Ensino Profissional

1º Premio: ao proxecto presentado pola Escola Profissional Infante Don Henrique, de Porto.

Categoría Bacharelato/Ensino Complementar

1º Premio: ao proxecto presentado polo IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense).

Categoría Universidade/Ensino Universitario

1º Premio: ao proxecto presentado por Tamara Costas Caamaño, estudante de doutorado na Facultade Química da Universidade de Vigo, e Carlos Álvarez Gómez, Estudante de Grao de Enfermería en Povisa-Universidade de Vigo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*