O lema oficial do Día Mundial da Alimentación en 2012 destaca o traballo cooperativo.
Arredor de mil millóns de persoas están vencelladas en todo o mundo a algunha cooperativa. No eido agroalimentario, este modelo cooperativo ten demostrado un papel especialmente relevante. P
“Neste Día Mundial da Alimentación 2012, tomemos a determinación de apoiar as cooperativas, de axudalas a superar as limitacións e a desempeñar plenamente o seu papel na campaña para erradicar a fame e a pobreza”, expón a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). O organismo internacional recoméndalles aos gobernos en todo o mundo que poñan en marcha políticas xustas, leis transparentes e oportunidades para o diálogo, xa que estes elementos son condicións necesarias para que as cooperativas e as organizacións de produtores se desenvolvan e medren”.
Día Mundial da Alimentación 2012
A importancia do cooperativismo é así subliñada neste Día Mundial da Alimentación 2012, salientando o papel de cooperativas e organizacións de produtores como actores importantísimos na loita contra a fame e a pobreza. “As cooperativas axudan os agricultores a aumentaren o seu poder de negociación e mellorar as súas habilidades e educación”, destaca a FAO. Máis de 900 millóns de persoas sofren de problemas no acceso á alimentación básica.
Desde o colectivo Acción contra a Fame recordan que 55 millóns de nenas e nenos en todo o planeta sofren de desnutrición aguda. Apenas 9 mil millóns de euros serían abondo para fornecerlles de alimentos, segundo calcula a asociación.
Recursos para ampliar: