Momentos da historia recente en liña

Nelson Mandela, Steve Biko, o Holocausto… Google pon en rede medio cento de exposicións históricas con material relevante.

Coa intención de proporcionarlle aos internautas, e moi especialmente á comunidade educativa, materiais e recursos históricos e culturais até o de agora de difícil accesibilidade, o chamado Google Cultural Institute puxo en rede un conxunto de medio cento de interesantes exposicións.

A historia dunha parella de namorados que tratou de escapar de Auschwitz; a vida e activismo de Nelson Mandela ou Steve Biko, fundamentais na loite contra o apartheid; os anos da ‘dolce vita’ en Italia; Maio de 1968… Son algúns dos temas incluídos e sobre os que se teceron relatos en liña sobre momentos clave do século XX. Con esa fin, dixitalizáronse fotografías, documentación e recolléronse testemuños en vídeo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*