Por que está triste Miañas?

Con esta obra acaba de gañar Ángela Fernández Rey o X Premio Pura e Dora Vázquez de Narración. Queda aberto agora o de Ilustración.

O feito de que “fomenta e transmite o sentido do compañeirismo, a amizade e a solidariedade entre os nenos”, e “o áxil ritmo narrativo e cunha linguaxe perfectamente acaída para o público infantil”, foron as pegadas salientadas polo xurado da X edición do “Premio Pura e Dora Vázquez de Narración”, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense, e cuxa gañadora resultou ser a escritora ourensá Ángela Fernández Rey coa obra Por que está triste Miañas?.

O xurado do “X Premio Pura e Dora Vázquez de Narración” estivo presidido por Avelino García Ferradal e integrado por José Manuel Fernández López, José Antonio Santos Guede, Isabel Almuiña González e Celia Díaz Núñez (gañadora da edición 2011), actuando como secretario Fernando R. Méndez. Os membros do xurado quixeron destacar tamén sobre a elección gañadora que “transmite a través dos animais os valores máis destacados do ser humano” e que “sirve para poñer en valor o fomento da literatura dirixida aos máis novos e o xénero literario da fábula”, e “permitirá acadar un perfecto equilibro entre narración e ilustración”.

Logo de coñecerse a obra gañadora, pasa a abrirse prazo para o X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, cuxos traballos deberán basearse no texto literario gañador. Nesta modalidade establécese un premio de 1.500 euros, e a data límite para presentar os traballos é o 20 de decembro de 2012.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*