Os venres noite en Lugo no programa de Movida Alternativa.
No Pavillón deportivo da Piringalla Daniel Cordido entre as 23:00 e as 00:30 horas. O programa Movida Alternativa Xuvenil ofrece ata finais de ano, todos os venres, clases de patinaxe e hockey liña para toda a familia.
Trátase dunha actividade na que participan familias enteiras e nas que ademais de pasalo ben, se involucran non deporte. Poden achegarse todas as persoas que o desexen. Se teñen patíns e proteccións mellor, xa que Asociación de Hockey Lóstregos conta con material pero en ocasións non é suficiente para atender a todas as persoas.