Contos para asustar o medo…

Desde OQO recórdannos as propostas da súa colección para estes días de Samaín.

Seis barbudos entraron nunha panadería e o panadeiro caeu do susto. Logo visitan unha carnicería, unha xoguetería, unha tenda de disfraces, unha libraría e unha pastelería, causando terror e desconfianza en todos os lugares. Pero o temor é infundado… Un relato de Mar Pavón con ilustracións de Vitali Konstantinov: os Seis barbudos é unha das propostas da editorial OQO para o Samaín.

Tamén moi xeitosa para estes días é A Bruxa Regañadentes: Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

Fiz o coleccionista de medos, de Fina Casalderrey e Teresa Lima; A Figueira de Pelostortos, de Ana G.ª Castellano e Mikel Mardones ou Carabuñas, de Margarita del Mazo e Charlotte Pardi, son outras propostas da colección de OQO para este tempo no que os días minguan e a noite se vai facendo máis longa…

3 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*