II feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana

Organizada por Adega. Este domingo 28 n’Agolada.

Durante todo o día haberá obradoiros e demostracións de cestería e olería. Para os mais cativos disporemos dunha zona especial, na que descubrirán diferentes xogos do mundo ademais dos xogos tradicionais. Tamén poderán aprender a elaborar candeas cun dos produtos das abellas, a cera.

En total, na feira haberá máis de 45 postos entre agricultura, gandería , apicultura, artesanía (pedra, coiro, barro, palla, madeira.), ademais de entidades de comercio xusto e ecoloxistas, que nos surtirán co melloríño dos seus produtos, a maioría deles en ecolóxico.

Ademais, degustacións, música cos grupos Herba Grileira e Bico da Balouta, mesa redonda sobre apicultura, sorteo, etc

Toda a información na web de Adega: Feira na Eira.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*