A traxectoria pictórica de Granell. Exposicións na Coruña e Santiago. Escolma das coleccións institucionais e privadas galegas.
Co título ‘O espello do pintor’, podemos gozar dun repaso do traballo de Eugenio Granell a través de 77 obras pertencentes a diversas coleccións públicas e privadas. Dende o seu encontro con André Breton, seus primeiros pasos como pintor, a influencia de Picasso, a idea de metamorfose, as Paisaxes máxicas de Nova York, o encontro coa figura humana, os paxaros como símbolo, a literatura, as mulleres, etc
Fondos pertencentes á propia Fundación Granell, á Xunta de Galicia, ao Consorcio de Santiago, á Deputación da Coruña, a Fundación María José Jove, Museo de Pontevedra, Museo Carlos Maside de Arte Contemporánea, Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, Novagalicia Banco e Novacaixagalicia.
Visitas guiadas e obradoiros infantiles con reserva previa.
A exposición permanece aberta deica o 1 de setembro de 2012.
Horario:
De luns a venres de 17 a 21 horas
Sábados, domingos e festivos de 12 a 14 e de 17 a 21 horas
Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956
Baixo este título está aínda aberta no Auditorio de Galicia esta exposición, deica o próximo 4 de novembro. Un repaso demorado da etapa do exilio do artista en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico. Un momento excepcional no que Granell establece amizade con importantes autores surrealistas como Andre Bretón, Wifredo Lam, Roberto Matta etc.
Coa obra de estes amigos vai dando forma a unha importante colección privada, que podemos ver xunto a documentos, cartas, artigos en prensa ou en revistas especializadas etc, un universo que forma a súa equipaxe vital xa que aló onde vai leva consigo todos estes documentos que hoxe podemos ver no Auditorio de Galicia. Entre eles, documentos do seu arquivo persoal algúns que se ensinan publicamente por primeira vez e que convidan á investigación sobre Granell e o seu mundo.