5º Concurso de Relatos: Ciencia que conta

Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos. O concurso está organizado dende o Grupo de Investigación Divulgatia FA3 da Universidade de Vigo.

A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.

O prazo para o envío dos traballos remata o 16 de novembro de 2012.

Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro.

Máis información na bitácora ‘Ciencia que conta’

Tamén podedes descargar o libro cos relatos da edición anterior: Ciencia que Conta 2011

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Entrega dos premios Ciencia que Conta | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*