III Congreso Ibérico A Fenda Dixital

Organizado por Nova Escola Galega. Espazo de encontro que reunirá a expertos galegos e portugueses. Será o 23 e 24 de novembro de 2012.

Co III Congreso Ibérico, preténdese crear un espazo de encontro entre os profesionais galegos e porgugueses para xerar debate sobre o estado actual das Tecnoloxías da Información e Comunicación nos contextos escolares e non escolares.

Obxectivos

· REFLEXIONAR sobre as actividades aplicadas realizadas recorrendo ás TIC no contexto Galego e Portugués.
· CREAR un espazo de repartición de experiencias e intercambio entre os docentes da Galiza e de Portugal, debatendo a pertinência das distintas realidades, utilizando as TIC, a saber: Centros Educativos, Centros Escolares, Escolas Unitarias, Centros Rurais Agrupados, Centros Integrados, entre outros.
· DEBATER, a partir do punto de vista didáctico e curricular, os principais retos educativos que as TIC terán que afrontar os próximos anos.
· ANALIZAR a forma como as TIC poden contribuír para a igualdade ou desigualdade nos Centros Educativos .
· IDENTIFICAR os problemas que os profesionais da educación veñen formulando na introdución das TIC no contexto escolar.
· FAVORECER un encontro entre distintas Institucións (Centros de Formación, Concellos/Gobernos autónomos, Escolas, Universidades, entre outros), procurando, en conxunto, formular propostas de mellora de actuación.
· REFLEXIONAR sobre a utilización das TIC e outros recursos, identificando as súas principais semellanzas e diferenzas.

Máis información na web de Nova Escol, onde tamén pode atoparse o programa completo III Congreso Ibérico A Fenda Dixital

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*